jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

As residencias de maiores de Galicia detectan catro novos contaxios e os casos sitúanse en 230

Residencia de maiores de Outeiro. XESÚS PONTE
Residencia de maiores de Outeiro. XESÚS PONTE

As residencias de maiores de Galicia sumaron nas últimas 24 horas catro contagios de Covid-19 –tres de usuarios da residencia de Outeiro de Rei e o dun traballador– e a cifra de casos activos sitúase nos 230. 

Do total de casos, 163 son de usuarios e 67 son de traballadores, de acordo cos datos proporcionados este sábado polas consellerías de Sanidade e Política Social. 

En concreto, en relación aos centros da terceira idade, detectáronse os positivos de tres usuarios da residencia DomusVi Lugo, que se atopa en Outeiro de Rei, e o dun traballador do centro Doralresidencias de Mos (Pontevedra). Non se notificaron novos falecementos vinculados a esta pandemia. 

Deste xeito, ademais dos 84 usuarios contaxiados no Incio, hai 46 na DomusVi Lugo de Outeiro de Rei; 29 na residencia Orpea de Culleredo; e catro na DomusVi de Lalín (Pontevedra). 

En canto aos traballadores, aos 34 do Incio súmanse oito na DomusVi Lugo de Outeiro de Rei; cinco en Orpea en Culleredo; e catro na DomusVi de Lalín. 

Ademais, hai un caso en cada un dos seguintes centros: residencia de Oleiros; residencia DomusVi Coruña, en Oleiros; residencia Volta do Castro, en Santiago; residencia Vitoria, en Teo (A Coruña); residencia Os Tercios, en Touro (A Coruña); residencia DomusVi Monforte (Lugo); residencia de San Bartolomeu, en Xove (Lugo); residencia Nosa Señora do Socorro, en Arnoia (Ourense); residencia A Saleta, en Cea (Ourense); residencia DomusVi Barra de Miño, en Coles (Ourense); residencia Santiago Apóstolo, en Vilamarín (Ourense); Fogar Residencial de Vilar de Barrio (Ourense); residencia Saraiva Sénior, en Pontevedra; o CRAPD Vigo II; residencia Albi de Beade (Ourense); e centro de Doralresidencias en Mos (Pontevedra).

CENTROS DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA. En canto aos centros de atención á dependencia, rexistrouse un novo contaxio nun traballador da residencia de Aspace na Coruña e saíu do cómputo outro empregado, neste caso da residencia As Flores de Ourense, por curación. 

Con iso, neste tipo de centros permanecen activos cinco casos, dous usuarios da residencia Ricardo Baro de Aspronaga en Oleiros e tres traballadores (un da Ricardo Baro de Aspronaga, outro da residencia de Aspace na Coruña e un terceiro da residencia A Baña, da Estrada).

As residencias de maiores de Galicia detectan catro novos contaxios...