O pai de Desirée pide prisión permanente revisable para a nai da nena

"É unha persoa completamente desfeita, de baixa no traballo, pensando en marchar de aquí", explica o avogado Manuel Ferreiro sobre o seu cliente José Manuel Leal
El entierro de Desirée y sobreimpresionada una imagen de la niña y su madre, Ana Sandamil. EP
photo_camera O enterro de Desirée e sobreimpresionada unha imaxe da nena e a súa nai, Ana Sandamil. EP

En declaracións á TVG, Manuel Ferreiro, avogado de José Manuel Leal, explicou que a petición do pai de Desirée é a prisión permanente revisable para a nai da nena.

"O pai quere a prisión permanente revisable. Entende, polos datos que constan na instrución e que non podo comunicar, que ela estaba en pleno uso das súas facultades ou, polo menos, que non estaba privada delas", indicou o avogado.

José Manuel Leal cre que a morte da súa filla, hai case catro meses en Muimenta, podería evitarse.

En palabras do seu avogado, está situación afectoulle substancialmente. "Eu estiven con el na súa casa. É unha persoa completamente desfeita, de baixa no traballo, pensando en marchar de aquí porque todo lle recorda á súa filla... E sufrindo porque desexa saber o que lle aconteceu á súa pequena".