lunes. 23.05.2022 |
El tiempo
lunes. 23.05.2022
El tiempo

Os pais critican os 'grupos burbulla' que propón a Xunta para os colexios

Mascarillas y gel desinfectante en la mesa del profesor de un aula donde se pueden observar los pupitres colocados y separados entre sí. EFE
Máscaras e xel desinfectante na mesa dun profesor. EFE
Censuran que esta iniciativa no contemple medidas internas de seguridad para los niños

A Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (Confapa) denuncia que a Xunta non contou coa participación das familias na elaboración do protocolo de prevención do Covid-19 nos centros de ensino non universitario da comunidade, que será aprobado en mesa sectorial. E de entre todas as medidas contempladas no documento —elaborado polas consellerías de Educación e Sanidade—, hai unha que levantou bochas entre pais e nais: a repartición dos alumnos de pouca idade en grupos burbulla de ata 25 nenos para limitar contactos multitudinarios e, se se detectase un caso, facilitar o illamento. 

Trátase dunha iniciativa "asombrosa" para as Anpas e que lles xera "o máis absoluto rexeitamento" porque os escolares que formen estes grupos "non terán que manter ningunha medida interna de seguridade", argumentan. Ademais, as asociacións de proxenitores indican que a medida "non ten en conta desdobramentos de aula no caso de máis de 25 alumnos" nin "cales serán as posibilidades de utilización das instalacións ou servizos fóra de cada clase illada". 

As Anpas cargan contra o Goberno galego por non telas en conta ao deseñar o plan

Á súa vez, Confapa carga contra a Xunta polo "seu leve recoñecemento da realidade da infraestrutura física dos centros educativos", que non lle permite constatar "que é imposible establecer entradas e saídas diferenciadas para os alumnos dos grupos non burbulla". Critican, así mesmo, a "inoperatividade de establecer quendas de entrada e saída que se farían interminables dado o volume de escolares". 

Do mesmo xeito, a entidade tamén censura que o servizo de comedor vaia quedar "restrinxido" a moi poucos dos usuarios actuais e crítica que se establezan criterios de preferencia de uso. Ademais, denuncia que non se prevé ningunha medida de reforzo sobre o número de profesorado para o desdobre de aulas. 

Así as cousas, as Anpas censuran que a Administración autonómica redacte un protocolo sen a participación dos representantes das familias. "Constitúe unha mostra do peor exemplo de despotismo ilustrado", consideran. E por iso piden a súa inclusión na mesa sectorial.

Os pais critican os 'grupos burbulla' que propón a Xunta para os...
Comentarios