O Parlamento de Galicia conxela as retribucións dos deputados para 2021

Miguel Santalices sinala que a medida se toma como "mostra de solidariedade" cos afectados pola covid-19
Imagen del parlamento de Galicia. EFE
photo_camera Imagen del Parlamento de Galicia. EFE

O Parlamento de Galicia conxelará as retribucións dos deputados para o próximo exercicio, segundo figura no anteproxecto de orzamentos da Cámara para 2021 que a Mesa aprobou este martes e que agora remitirá á Xunta de Galicia.

Neste texto recóllese que os orzamentos do Parlamento será o ano que vén de 18.612.000 euros, o que supón un incremento do 0,97 por cento respecto ao presente exercicio, é dicir 178.500 euros máis.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, explicou que se decidiu non subir os soldos dos deputados como "mostra de solidariedade" cos afectados pola covid-19 e tendo en conta a "situación especial" que se vive ante a pandemia.

En declaracións aos medios, recordou que ao comezo desta pandemia o Parlamento xa adoptou a decisión de transferir 2 millóns de euros de remanente de tesourería da Cámara galega á Xunta para adquirir material sanitario e cubrir outras necesidades fronte ao coronavirus.

Mentres se mantén o réxime económico fixado a comezos desta lexislatura para os deputados, as retribucións do persoal experimentarán un incremento do 0,9 por cento, o establecido polo Goberno central para os empregados públicos no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

Ademais, incrementarase o capítulo 6, correspondente a investimentos reais, co obxectivo de comezar as obras de mellora dos accesos do edificio do Pazo do Hórreo para suprimir as barreiras arquitectónicas e tamén para implantar novas medidas de eficiencia enerxética.

A conxelación da retribución aos parlamentarios vai na liña dos anunciado este luns polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de que os orzamentos autonómicos van contemplar conxelar "todos os soldos do Goberno" galego, ante "este momento de dificultade".

Comentarios