O Parlamento galego pide campañas específicas sobre violencia machista no rural

A través dunha proposta do PSdeG, solicítase que se reforcen as campañas orientadas a loitar contra esta lacra nos concellos máis pequenos

Parlamento de Galicia. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Parlamento de Galicia. PEPE FERRÍN (AGN)

O Pleno do Parlamento aprobou este mércores por unanimidade instar á Xunta a "revisar os criterios e conceptos básicos nos que teñen que incidir as campañas de concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero" promovendo campañas de concienciación específicas que teñan en conta as peculiaridades da sociedade rural.

Para iso, a través dunha proposta do PSdeG solicítase que se reforcen as campañas orientadas a loitar contra esta secuela nas zonas rurais, especialmente nos concellos máis pequenos, por ser onde se demostran menos eficaces.

A portavoz de Igualdade do grupo socialista, María Pierres, reclamou campañas dirixidas a romper coa "naturalización do control" do home sobre a muller para o que é necesario implicar aos servizos sociais máis próximos ás mulleres rurais, así como ás entidades sociais presentes na contorna.

Comentarios