lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Os parques naturais da Coruña e Pontevedra abrirán desde o luns se Galicia pasa á fase 1

Monte Aloia. XUNTA
Monte Aloia. XUNTA

Os parques naturais das provincias de Pontevedra e A Coruña poderían reabrir ao público a partir do luns 11 de maio se o Ministerio de Sanidade autoriza que Galicia pase á fase 1 do proceso de desescalada. Así as cousas, quedarían abertos ao público os parques de monte Aloia, Fragas do Eume e Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, avanzou esta previsión nun encontro telemático cos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Foron informados, ademais, dos traballos de conservación e mantemento de espazos naturais desenvolvidos durante o estado de alarma.

Deste xeito, a partir da próxima semana, o Goberno galego prevé "empezar a retomar a actividade normal" nos parques naturais das provincias atlánticas. Así as cousas, Vázquez demanda ao Goberno estatal "que clarifique canto antes" cantos visitantes estarían permitidos e en que franxas horarias poderían acudir a estes parques e os seus centros de interpretación.

A Xunta insta o Goberno a aclarar cantos visitantes poden recibir os parques e en que horarios

Ademais, a conselleira sinalou que o pasado mércores remitiu unha carta á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, na que solicita aclaracións sobre "como vai afectar a seguinte fase aos accesos ao parque nacional Illas Atlánticas de Galicia".

TRABALLOS. A Xunta asegura nun comunicado que nas últimas semanas se levaron a cabo traballos de conservación, sinalización e limpeza nestes parques naturais.

Na provincia da Coruña rozáronse 1,87 hectáreas de monte, ademais de desenvolverse outros traballos como a retirada de árbores, tarefas de sinalización e de limpeza da contorna. Mentres, no monte Aloia os traballos de conservación consistiron en rozas, retirada de árbores dos camiños ou melloras na sinalización.

Os parques naturais da Coruña e Pontevedra abrirán desde o luns se...
Comentarios