Rescátana graza ao seu móbil tras perderse en Ponte Caldelas

Vista satelital del Verdugo a su paso por Ponte Caldelas GSV
photo_camera Vista satelital do Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas. GSV


Unha muller que se perdeu cando paseaba polas proximidades do Río Verdugo, en Ponte Caldelas, puido ser atopada a través do envío das coordenadas ao 112 Galicia empregando o seu teléfono móbil.

Mediante o uso da aplicación WhatsApp, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia recibiu a súa posición, dato que foi transferido á Garda Civil. Así, os axentes acudiron ata o lugar indicado, onde atoparon á muller en bo estado de saúde.

Comentarios