viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

O período de alto risco de incendio ampliarase a cinco meses en 2019

Brigadistas sofocando incendio forestal el pasado verano en Vilamarín. BRAIS LORENZO (EFE)
Brigadistas sofocando incendio forestal el pasado verano en Vilamarín. BRAIS LORENZO (EFE)

Está previsto que en 2020 aumente ata os seis meses co fin de "acabar coa temporalidade"

O período de alto risco de incendios ampliarase a cinco meses en 2019, coa previsión de que aumente a seis meses en 2020, mentres que o servizo público de extinción incrementarase en 600 efectivos o ano que vén.  Así o avanzou este martes na comisión parlamentaria o conselleiro de Medio Rural, José González, na que expuxo os orzamentos de 516 millóns (+4,2%) cos que contará o seu departamento para 2019, que se basearán en tres eixos: a mobilidade de terras, a aplicación das medidas saídas da comisión de estudo sobre incendios e o impulso á calidade agroalimentaria. 

O conselleiro apuntou que tras este 2018 cun período de alto risco de catro meses o ano que vén haberá un incremento do tempo de traballo de fixos-descontinuos ata cinco meses, mentres que está previsto que aumente ata os "seis meses" en 2020. "Estamos a acabar coa temporalidade, entendemos a mensaxe", sentenciou. 

Así mesmo, haberá unha "integración no dispositivo de brigadas de entes adscritos", de maneira que se prevé a incorporación de 120 brigadas —con cinco compoñentes cada unha— ao servizo público de loita contra o lume ( Spdcif) ata un total de 600 efectivos, que tamén se dedicarán a prevención. Ademais, incluiranse os compromisos adquiridos cos axentes forestais e incrementarase a formación de traballadores. 

A próxima semana constituirase o grupo de expertos que se encargará de revisar o funcionamento do servizo de extinción de Galicia, despois de que os grupos designasen os seus nomes. Ademais, destinaranse 2,5 millóns de euros á adquisición de 11 motobombas, mentres que haberá que máis de tres millóns para a compra de tractores para a limpeza de biomasa en municipios, co obxectivo de recuperar a actividade agrogandeira nas faixas secundarias como mellor defensa contra os incendios. 

O período de alto risco de incendio ampliarase a cinco meses en 2019
Comentarios