martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Cinco feridos ao desprenderse o falso teito dun restaurante de Baiona

Terraza del Recunco Mariñeiro, de Baiona. FACEBOOK
Terraza del Recunco Mariñeiro, de Baiona. FACEBOOK

Un dos afectados é un menor ► As vítimas foron trasladadas a hospitais de Vigo

Cinco persoas resultaron feridas a medianoite do sábado ao domingo a consecuencia da caída do falso teito nun restaurante do municipio de Baiona, segundo informou o servizo de Urxencias.

As vítimas son tres mulleres de 39, 27 e 26 anos de idade, un mozo de 22 anos e un menor de idade, que foron trasladados de urxencia en ambulancias a diversos hospitais de Vigo.

O desmoronamiento do teito produciuse preto da medianoite no restaurante Recuncho Mariñeiro por causas aínda descoñecidas.

Cinco feridos ao desprenderse o falso teito dun restaurante de Baiona