Pesar en Ourense polo falecemento de Jon Sáez, candidato á Alcaldía en 2011 

O mozo, natural de León, faleceu este luns atropelado en San Cibrao das Viñas

Jon Sáez.FACEBOOK
photo_camera Jon Sáez.FACEBOOK

O mozo falecido na noite do luns tras ser atropelado por un vehículo en San Cibrao das Viñas era Jon Sáez, candidato á Alcaldía da cidade ouresana por Esquerda Unida no ano 2011.

Sáez, nacido en León no ano 1988, morreu a pasada noite tras ser atropelado por un vehículo no punto quilométrico 10,2 da estrada OU-540, á altura do municipio ourensán de San Cibrao das Viñas.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil de Tráfico, o atropelo produciuse sobre as 21,40 horas do luns, cando a vítima mortal circulaba pola beiravía do citado viario sen facer uso de ningunha peza reflectora, a pesar de ser xa de noite.

Jon Sáez encabezou a candidatura de Esquerda Unida en Ourense nas municipais de 2011. Un ano máis tarde, ocupou o número catro na lista da coalición Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 2012.