
SOS Desaparecidos pediu este mércores a colaboración cidadá para localizar unha menor de 17 anos desaparecida en Allariz, segundo trasladou a través de redes sociais esta plataforma. Trátase de Claudia Gómez Ovejero, que desapareceu o pasado 11 de novembro nesta localidade ourensá.
Ante calquera posible dato que poida axudar á súa localización, facilítase o número da Fundación Anar (116000) e os teléfonos 642 650 775 e 649 952 957.
De acordo coa información facilitada por SOS Desaparecidos, a menor mide 1,65, é de complexión delgada, ten pelo negro e ollos marróns e vestía no momento da súa desaparición unha sudadera negra con raias grises.
🆘 DESAPARECIDA#Desaparecidos #sosdesaparecidos #Missing #España #Allariz #Ourense
— 𝐀𝐋𝐄𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐀𝐏𝐀𝐑𝐄𝐂𝐈𝐃𝐎 (@sosdesaparecido) November 25, 2020
Más ℹ️ https://t.co/gerVABUT28 pic.twitter.com/FZiIA9JuNC