jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

As plataformas contra a mina de Touro trasladan as súas reivindicacións aos catro grupos parlamentarios

Participantes nunha manifestación contra a mina. EP
Participantes nunha manifestación contra a mina. EP

O proxecto mineiro está pendente de autorización por parte da Xunta

As plataformas Mina Touro-O Pino Non e en defensa da ría de Arousa reuníronse co catro grupos parlamentarios, aos que trasladaron a "transcendencia" do proxecto de explotación de cobre que pretenden impulsar dúas empresas, pendente de autorización pola Xunta. 

Segundo indican a través dun comunicado, advertiron do que "se xogan" eles e "o conxunto da sociedade galega" con este proxecto mineiro. "A viabilidade e sustentabilidade do actual modelo socioproductivo da ría de Arousa e da contorna de Touro-O Pino", alertan. 

Destacan que este modelo é "capaz de xerar riqueza en forma de empregos estables que, desde hai moito tempo, fan do sector do mar uno dos principais soportes da economía galega". 

Ademais, sinalan que convidaron os grupos a acompañalos na manifestación convocada para este domingo, "incorporándose á cuartapancarta dianteira reservada para os representantes dos concellos de todas as cores". 

VÍDEO. Veciños de Touro, O Pino, do Ulla e da ría de Arousa participaron nun vídeo onde explican as consecuencias que tería para eles a construción deste proxecto mineiro. No spot, que anuncia tamén a manifestación do vindeiro domingo, participan Serafín González, da Sociedade Galega de Historia Natural; Xoán Doldán, profesor da USC; e os actores Miguel de Lira, Isabel Risco e Uxía Blanco.

As plataformas contra a mina de Touro trasladan as súas...
Comentarios