El tiempo
domingo. 14.08.2022
El tiempo

¿Que se pode facer na fase 3?

Xente paseando e nas terrazas en Lugo. XESÚS PONTE
Xente paseando e nas terrazas en Lugo. XESÚS PONTE
Elimínanse as franxas horarias e permítense grupos de ata 20 persoas

Galicia segue avanzando nas súas fases da desescalada no camiño cara á nova normalidade. ¿Que se pode facer e que non, na fase 3?

- Elimínanse as franxas horarias e permítense grupos de ata 20 persoas.

- Os velatorios poderán realizarse cun límite máximo de 50 persoas en espazos ao aire libre ou 25 persoas en espazos pechados.

- Permítense as vodas e a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere o 75 % do aforamento ata un máximo de 150 persoas en espazos ao aire libre ou de 75 persoas en espazos pechados.

- Os comercios poden abrir cun 50 % do aforamento.

- Poderán reabrir os establecementos de hostalería e restauración para consumo no local, salvo discotecas e bares de lecer nocturno, sempre que non se supere o 50 % do seu aforamento e permítese consumir na barra sempre que se garanta unha separación mínima de 2 metros.

- Nas terrazas ao aire libre limitarase o aforamento ao 75 % das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas.

- Nos hoteis pódense reabrir as zonas comúns sempre que non se supere o 50 % do aforamento e as actividades de animación ou clases deberán deseñarse cun aforamento máximo de 20 persoas e preferentemente ao aire libre.

- Nas bibliotecas poderán realizarse actividades culturais e de estudo, sempre que non se supere o 50 % do aforamento.

- Nos museos e salas de exposicións o aforamento será do 50 % e as visitas poderán ser de grupos de ata 20 persoas.

- Os cines, teatros, auditorios, circos de carpa e espazos similares de espectáculos poderán desenvolver a súa actividade, sempre que conten con butacas preasignadas e non superen a metade do aforamento autorizado.

- Nas actividades ao aire libre, o público deberá permanecer sentado, gardando a distancia necesaria e non poderá superarse o 50 % do aforamento, nin superar as 80 persoas.

- Os deportistas de ligas non profesionais federadas poderán realizar adestramentos en grupos de ata 20 persoas.

- Poderanse realizar actividades de turismo activo e de natureza para grupos de ata un máximo de 30 persoas e permítese a realización da actividade de guía turístico, mediante cita previa e con grupos de non máis de 20 persoas.

- Centros recreativos turísticos, zoológicos e acuarios abren cun aforamento do 50 % e dun terzo nas atraccións e lugares pechados.

- Os congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos non poderán superar os 80 asistentes.

- Os establecementos e locais de xogos e apostas non poderán superar o 50 % do aforamento nin superar as 50 persoas en total.

- En canto ás actividades de tempo libre para a poboación infantil e xuvenil non superarán os 200 participantes ao aire libre e 80 en espazos pechados.

¿Que se pode facer na fase 3?
Comentarios