A polémica polo valo sobre O Marisquiño que quixo colocar o PP en Vigo segue coleando

Os populares repartirán nas caixas de correos o contido do cartel no que responsabilizaba ao Concello do accidente do Marisquiño 

Diseño de la valla contratada por el PP. DP
photo_camera Diseño de la valla contratada por el PP. DP

O Partido Popular repartirá nas caixas de correos dos edificios de Vigo o contido do valo publicitario criticando ao goberno de Abel Caballero que lle impediron instalar o pasado mes de decembro na cidade.

A portavoz do PP, Elena Muñoz, detallou en rolda de prensa que o seu partido contratara a colocación de valos publicitarios nas que se culpaba ao alcalde do accidente do Marisquiño, de levar tres anos sen plan xeral ou de que haxa 60.000 vigueses en risco de pobreza. "Uns valos reivindicativos, feitos desde o respecto, pero tamén desde a denuncia, porque cremos que os vigueses teñen que ver a outra cara de Vigo, que o alcalde non quere que vexan", dixo Muñoz.

A portavoz do PP detallou que, unha vez contratada o valo, a empresa rescindiu o contrato alegando que incumpría a normativa municipal. Neste sentido, asegurou que descoñecen que exista tal normativa e recordou que "non hai tanto tempo" o propio alcalde puxo un valo en Matamá para criticar á Xunta de Galicia por non tramitar a construción dun pavillón pola vía dos proxectos urxentes de interese xeral.

"Non puidemos publicar eses valos e parécenos gravísimo", proclamou Muñoz, quen engadiu que en Vigo "a xente ten medo a manifestar calquera opinión que sexa contraria á oficialista imposta polo señor Caballero".

Mentres, Caballero asegurou a preguntas dos xornalistas sobre este asunto que descoñecía o caso e que de calquera modo "non é o alcalde o que axuiza normativas, son os técnicos do Concello". "O PP de Vigo está desnortado porque a cidade non os quere", resolveu. 

O PSOE acusa ao PP de mentir na comisión do Marisquiño
Pola súa banda, o portavoz do goberno municipal socialista de Vigo, Carlos López Font, acusou este martes á líder do PP, Elena Muñoz, de mentir na súa comparecencia ante a comisión de investigación do accidente do festival O Marisquiño, no que máis de 400 persoas resultaron feridas.

Nela, Muñoz acusara ao Concello "de desprezar" a seguridade ao autorizar o concerto. E Font négao e ve como proba da "mentiras" do PP que a empresa que contratou se negara a colocar os valos que responsabilizaban ao alcalde do accidente do Marisquiño.

Font indicou en rolda de prensa que á oposición remitíuselle toda a documentación sobre a tramitación administrativa de autorización do festival, na que figura un plan de autoprotección, e engadiu que o goberno local "cumpriu con todas as obrigacións" que lle correspondían.

Comentarios