Polémico anuncio dun club de Meis: ofrece churrasco gratis servido en topless

A cita, anunciada aos catro ventos en radio e Facebook, terá lugar este venres
El club Montparnasse de Meis. DAVID FREIRE
photo_camera El club Montparnasse de Meis. DAVID FREIRE

Churrasco gratis servido en topless. Ese é o reclamo que lanzou un coñecido club de alterne de Meis para atraer nova clientela. 

A cita, que xa espertou a polémica polo singular da súa oferta, terá lugar este venres no local situado na recta da Goulla, na PO-531 que conecta Vilagarcía con Pontevedra. Servirá de inauguración da zona chill out do club e contará tamén con djs e unha bailarina, segundo se pode escoitar nunha cuña radiofónica contratada polo local e na súa propia páxina de Facebook.

Non é a primeira vez que o Montparnasse se sitúa no ollo do furacán. En 2017, o Tribunal Supremo confirmou unha condena de dous anos e medio de cárcere para o seu propietario por ter dez traballadoras no establecemento sen estar dadas de alta na Seguridade Social.