
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, criticou este venres a proposta do PSdeG de que haxa unha cara a cara entre o seu secretario xeral, Gonzalo Caballero, e o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. "Creo que mal empezamos a campaña querendo limitar o pluralismo polÃtico nos debates", dixo.
Nun almorzo informativo con medios de comunicación no que tamén participaron o deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, e a coordinadora da Executiva Nacional, Goretti SanmartÃn, Pontón apelou á "sensatez" e reivindicou que é "tan candidata á Presidencia da Xunta como outros representantes doutras forzas polÃticas". "Con esa mesma lóxica eu poderÃa dicir: por que non unha cara a cara entre Ana Pontón e Feijóo?", preguntouse.
Neste contexto, pediu que un eventual debate na Televisión de Galicia (TVG) sexa "plural" e que non repita "o bochorno" ocorrido na campaña das eleccións xerais do 2019 "con debates ás 10,00 da mañá, clandestinos, que foron unha vergoña".
Ademais, Ana Pontón volveu a denunciar que o adianto electoral na Comunidade galega para o 5 de abril, dÃa no que tamén os vascos acudirán ás urnas, "demostra que Feijóo non ten palabra" despois das veces que dixera que acabarÃa a lexislatura e que "non habÃa razóns" para convocar uns comicios. "El o que fixo foi sumarse á convocatoria de (Iñigo) Urkullu e de certa forma o que fixo foi desprezar o autogoberno de Galiza", engadiu.
AsÃ, enmarcou a decisión de chamar ás urnas antes do previsto a que o popular "sabe que o seu tempo polÃtico acabouse e está desesperado pensando que un adianto electoral pode salvar o seu Goberno".
O BNG, "FORZA DETERMINANTE". A portavoz nacional do Bloque preséntase como candidata co respaldo dun partido "sólido" e "forte", en condicións de ser "a forza determinante do cambio polÃtico" na Xunta a partir do 5 de abril. No entanto, preguntada polos medios sobre posibles alianzas que terán que buscar para conformar unha alternativa a Feijóo, apelou á prudencia e lembrou: "Estamos ante unha campaña e os galegos aÃnda teñen que decidir".
Catro dÃas máis tarde do anuncio da convocatoria de comicios que precipitou a volta de Pontón da súa baixa de maternidade, o BNG continúa reivindicando o seu acordo de investidura alcanzado co PSOE a inicios de xaneiro como "un salto de xigante da posición de Galicia na polÃtica estatal".
Nesta mesma liña, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, apelou á sociedade galega para que "faga seu o contido" dun acordo que "deixou en evidencia" a Feijóo. En palabras de Ana Pontón, o presidente da Xunta e do PPdeG quedou "co cu ao aire", porque "fixo máis o BNG nun mes" que o seu Goberno "en 10 anos".
O PP "AO BORDO DO ATAQUE DE NERVIOS". "Feijóo está cativo e ten as mans atadas pola estratexia do Partido Popular de Pablo Casado", evidenciou a lÃder do Bloque, quen ve aos populares "ao bordo do ataque de nervios" coa proximidade dunha cita electoral.
Asà mesmo, Pontón chamou á "reflexión" de cara ao 5 de abril, porque "un deputado do BNG demostrou o que é ter as mans libres para defender os intereses de Galicia". "Imaxinémonos o que podemos facer se temos a capacidade de gobernar Galicia a partir do 5 de abril. Temos a oportunidade de acabar con gobernos dun e outro signo", engadiu, respecto da tradicional "subordinación a Madrid".
Tras erixir ao BNG en "a única forza polÃtica coas mans libres", Ana Pontón insistiu "no aval da capacidade polÃtica que ten o nacionalismo". "O noso reto é liderar ese cambio polÃtico que se produza no noso paÃs", sentenciou