Pontón: "A Feijóo dálle vergoña acompañar a Casado de turismo electoral a Alcoa"

A portavoz do BNG presidiu en Lugo a presentación da candidatura nacionalista que encabeza Olalla Rodil
Pontón, en la presentación de la candidatura del BNG en Lugo. XESÚS PONTE
Pontón, en la presentación de la candidatura del BNG en Lugo. XESÚS PONTE

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou, durante a presentación da candidatura nacionalista pola provincia de Lugo para o 5-A, que Alberto Núñez Feijóo é "tan consciente" da "responsabilidade" do PP na crise das empresas electrointensivas que "lle dá vergoña" acompañar a Pablo Casado na súa visita á planta de Alcoa en San Cibrao, que cualificou como "turismo electoral".

A candidata nacionalista á presidencia de na Xunta responsabilizou ao PP de deseñar "o marco eléctrico" que propiciou a subida do prezo da luz.

Responsabilidade que, ao seu xuízo, comparte o PSOE porque "non foi capaz de modificar" ese marco e porque presentou un estatuto para as empresas electrointensivas que considera "insuficiente".

Ana Pontón cargou as tintas contra Núñez Feijóo porque "vetou" a proposta do BNG de que Galicia dispuxese dunha tarifa eléctrica propia, seguindo o exemplo do País Vasco, onde, segundo asegurou, a portavoz nacionalista, as empresas afórranse 60 millóns de euros anuais.

A candidatura do BNG pola provincia de Lugo volve estar encabezada por Olalla Rodil, que asegurou que esta fronte nacionalista "sae a por todas" para que o próximo 5 de abril se produza "un cambio real no noso país".

Comentarios