sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

Os positivos aumentan na residencia do Incio, que contabiliza 69 infectados

Exterior de la residencia de O Incio. AEP
Exterior da residencia do Incio. AEP
Na xornada deste mércores realizáronse máis de 200 probas PCR tras confirmarse o contaxio dunha traballadora ► Un empelado deu positivo na DomusIV de Monforte

A preocupación desatada na residencia de maiores do Incio tras dar positivo en coronavirus unha traballadora viuse incrementada este xoves cos resultados das probas realizadas aos seus compañeiros e aos usuarios do centro, porque un total de 68 persoas máis deron positivo en Covid-19. En concreto, trátase de 65 residentes e tres empregados máis, co que son catro os membros do persoal infectados e 69 os diagnosticados en total.

Ao longo da xornada deste mércores practicáronse máis de 200 probas. Tras recibir a notificación do Sergas, o consistorio informara de que todo o persoal e usuarios serían sometidos a análises para coñecer o seu estado.

Así mesmo, o Goberno local informou de que reforzará os labores de limpeza e desinfección. Doutra banda, pediu aos veciños que extremen a precaución e cumpran as normas sanitarias.

Dende a fundación San Rosendo, responsable do centro, afirman estar á espera das indicacións do área sanitaria para aplicar o protocolo.

En Monforte, un traballador deu positivo na residencia DomusIV, localidade na que se rexistrou un brote con máis dunha vintena de diagnosticados. 

Deste xeito, segundo o balance da Xunta, os usuarios infectados por Covid-19 en residencias en Galicia ascenden a 76. Dese total, 65 correspóndense co centro do Incio e 11 coa Residencia Orpea Coruña en Culleredo. En canto aos traballadores infectados, soben a dez, os catro do Incio; dous de Orpea Coruña; un na DomusVi Monforte; outro na Residencia de Maiores de Paradela; outro na Residencia de Maiores San Bartolomeu en Xove e outro na DomusVi Barra de Miño en Coles (Ourense). 

O municipio de Sarria rexistra dous brotes familiares que suman oito casos —sen relación entre eles—. Ademais, o positivo dun mozo mantén en corentena preventiva á espera das probas a axentes da Policía Local e Garda Civil. 

O alcalde do Incio pedirá "un cribado masivo" 

O alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo (PP), confirmou que pedirá a Sanidade a realización dun "cribado masivo" para detectar casos activos de Covid, tras coñecerse este xoves un brote que afecta a 65 usuarios da residencia de maiores desta localidade lucense. Así o trasladou, tras recoñecer que está "sorprendido" polo gran número de casos nesa residencia, onde tamén están afectados catro traballadores.

En todo caso, e dada a magnitude do brote no centro xeriátrico, Héctor Manuel Corujo sinalou que, ademais de manter as medidas de prevención xa implementadas, o goberno local está a exporse suspender certos "servizos sensibles", como o servizo de axuda a domicilio. 

Así mesmo, solicitará a Sanidade a realización dun "cribado masivo" para detectar posibles contagios no pobo ou, polo menos, probas para os familiares dos usuarios e traballadores da residencia afectada. 

O rexedor do Incio sinalou que aínda se está investigando" a orixe dese importante brote, xa que "non hai casos positivos, que se saiba, no pobo".  De feito, apuntou que, nas últimas horas, cando se fixo público que un traballador da residencia era positivo en Covid, "houbo certo nerviosismo" na localidade, e algúns veciños sometéronse a probas PCR "de forma particular e privada". "Pero todos deron negativo", sinalou. 

Os positivos aumentan na residencia do Incio, que contabiliza 69...
Comentarios