domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

O presidente da comisión do Alvia cre que José Blanco e Ana Pastor serán convocados

Operarios trabajando en la curva de A Grandeira, en Angrois. AEP
Operarios trabajando en la curva de A Grandeira, en Angrois. AEP

O deputado do PDeCat Feliu Guillaumes opina que o contrario "sería sorprendente"

O presidente da comisión de investigación no Congreso en torno ao accidente ferroviario do Alvia en Angrois no que faleceron 80 persoas en xullo de 2013, o deputado do PDeCat Feliu Guillaumes, cre que os exministros José Blanco e Ana Pastor poderían ser convocados a comparecer, porque o contrario "sería sorprendente", tendo en conta as peticións que lle trasladaron algúns grupos, aínda que con carácter informal.

Nunha entrevista concedida ao Galicia por Diante Fin de Semana da Radio Galega explicou que, de momento, aínda está aberto o prazo para que se presenten as peticións de comparecentes e optou por ser "prudente", aínda que desvelando que algúns grupos xa lle deron traslado das súas propostas. "A min dixéronme verbalmente varios grupos a quen ían convocar pero non é oficial, mentres estea o prazo aberto", aínda que engadiu que "todos os nomes son fáciles de adiviñar".

Preguntado directamente pola posibilidade de que comparezan José Blanco e Ana Pastor, Guillaumes asegurou que "formalmente é unha suposición", pero que, para el, "sería sorprendente que non fose así". Aínda así, insistiu en que "formalmente isto non foi", posto que debido a que "o prazo está aberto", é preciso falar "con prudencia".

Guillaumes espera que da comisión de investigación se obteñan responsabilidades políticas sobre o accidente ferroviario de Angrois porque, aínda que recoñece que "a xente a toma pouco en serio", insiste en que se se derivan "é difícil irse de rositas". "É difícil eludir unha responsabilidade política como esta se se chega a determinar, repito, eu non dou por prexulgado o que teña que facer a comisión", engadiu, porque aínda que se mostra coñecedor do escepticismo cidadán ante este tipo de comisións, confía en que se poidan obter conclusións determinantes.

"Por unha banda facer recomendacións cara o futuro para que non volva ocorrer nunca máis algo deste tipo; un segundo nivel que é aclarar efectivamente que pasou e unha terceira vía sería o colmo -diriamos- do éxito pero que é algo que debemos aspirar que é determinar responsabilidades políticas que non teñen nada que ver coas xurídicas", engadiu.

Xa que logo, asegurou que se "esta comisión chega a conclusións" e sae ben sentirase "orgulloso" por ser "o máis importante" que faría "como deputado". Para ter finalizado o traballo da comisión fixouse un prazo de 5 "meses", pero admitiu que "todo o mundo" díxolle que "estaba tolo", así que, ante isto, a próxima semana reunirase "coas xuristas da comisión, coas letradas" para intentar facer "un planning" concreto.

O presidente da comisión do Alvia cre que José Blanco e Ana Pastor...
Comentarios