Psicólogos asisten aos compañeiros de colexio da nena falecida en Muimenta

A nai da pequena continúa ingresada no Hula

A vivenda onde foi achada a menor sen vida, en Muimenta. EP
photo_camera Muimenta, de luto por la tragedia. EP

Profesionais do Equipo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) desprazáronse este luns a Muimenta, no municipio lucense de Cospeito, para prestar atención especializada aos compañeiros da nena de sete anos que apareceu morta o pasado venres na súa propia cama, por causas que aínda está a investigar o xulgado número 1 de Vilalba.

Segundo confirmaron a Efe fontes da propia Xunta, membros do GIPCE, un equipo coordinado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, estiveron este luns en Muimenta para asistir aos compañeiros da pequena falecida, á que os seus familiares atoparon morta na súa propia cama o pasado venres, precisamente cando ían levantala para ir ao colexio.

Outras fontes consultadas por Efe tamén confirmaron que este luns aínda permanecía ingresada no Hula a nai da pequena, que tivo que ser hospitalizada a causa do shock pola morte da nena.

Non transcenderon, de momento, máis novidades desde o ámbito xudicial, agás que o xulgado número 1 de Vilalba xa ten o informe preliminar da autopsia e que a autoridade xudicial non ordenou ningunha detención.

Os restos mortais da pequena recibiron este domingo sepultura nunha parroquia do municipio de Xermade.

Comentarios