
Segundo informan os socialistas nun breve comunicado, convidaron a asinar ao presidente da institución, Manuel Baltar, "por agora sen éxito".
Baltar, líder do PP na provincia ourensá, expresou o seu rexeitamento á medida adoptada polo Goberno galego, en contra da defensa que fixo o presidente da Xunta e número uno dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo.
Os socialistas sinalan que tamén animaron a dar o seu apoio a esta recollida de firmas en contra do peche a outros deputados do grupo de goberno provincial.
Unha concelleira do Partido Popular no municipio ourensán de Riós, de feito, segundo aseguran —e mostran a través dunha fotografía--, deixou a súa rúbrica en contra deste "novo recorte da Xunta nos servizos sanitarios públicos".