A RAGC concede o primeiro Premio de Divulgación Científica a Jorge Mira

Este galardón recoñece os máis de 20 anos de traxectoria do catedrático de electromagnetismo
Jorge Mira. XOÁN REY (EFE)
Jorge Mira pousa co seu libro '¿A que altura está o ceo?'. XOÁN REY (EFE)

O catedrático de electromagnetismo na Facultade de Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Jorge Mira recibirá este martes, 14 de xullo, o primeiro Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

Este galardón recoñece os máis de 20 anos de traxectoria no campo da divulgación de Mira a través de múltiples libros, colaboracións en prensa escrita, radio e televisión, ademais da organización de diferentes actividades.

Desde 2005 dirixe o Programa Conciencia, que trae a Galicia a primeiras figuras do mundo científico como diferentes Premios Nobel. Tamén é impulsor de iniciativas como as charlas Nerd Nite e observacións astronómicas na Costa da Morte.

Entre os libros de divulgación publicados por Jorge Mira figuran ¿A que altura está o ceo? e A ciencia no punto de mira.

Por outra banda, dous artigos de Xavier Fonseca e Selina Otero resultaron gañadores do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, cun premio de 3.000 euros e un accésit de 1.000 euros respectivamente.

Comentarios