jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Extinguido o incendio de Ons tras arrasar máis de tres hectáreas

Incendio en Ons. INCENDIOS GALICIA
Incendio en Ons. INCENDIOS GALICIA
Este era o único incendio forestal pendente de extinción tras quedar sufocados nas últimas horas oito lumes en Ourense

O incendio forestal declarado na tarde deste xoves na Illa de Ons, no municipio de Bueu (Pontevedra), quedou extinguido na tarde deste venres tras queimar 3,4 hectáreas rasas dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. 

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume quedou extinguido ás 16.59 horas deste venres despois de iniciarse na tarde do xoves na Illa de Ons. 

Para o control deste incendio, que comezou ás 16,56 horas do xoves e estaba controlado desde as 11.10 horas deste venres, mobilizáronse seis axentes, 15 brigadas, unha motobomba e dous helicópteros, concretou Medio Rural. 

Este era o único incendio forestal pendente de extinción até a data en Galicia de entre os rexistrados en superficie de parque natural ou con máis de 20 hectáreas afectadas, concretaron a Europa Press fontes de Medio Rural, tras quedar sufocados nas últimas horas do xoves oito incendios na provincia de Ourense.

A hipótese principal é que este lume foi causado por un raio, xa que as tormentas afectaron na tarde deste xoves á comunidade, con especial intensidade na zona sur. 

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, trasladou a Europa Press que se lle notificou a mobilización de medios humanos e unha motobomba mediante barcos que saíron das localidades pontevedresas de Cangas, O Grove e Vilagarcía.

OS MEDIOS "TARDARON EN CHEGAR". Entre tanto, os veciños que residen na illa axudaron con cubos e os medios dos que dispuñan na extinción do incendio. Segundo trasladou a Europa Press a portavoz da Asociación de Veciños e Amigos das Illas Ons, María José Pérez Piñeiro, os medios "tardaron en chegar". 

"Ninguén contaba coa tormenta, pero pasara unha hora e estaban tres brigadistas", lamentou, á vez que lembrou que durante o verán permaneceu un retén contraincendios de garda na illa, pero retirouse a semana pasada.

MÁIS RAIOS. Os raios tamén provocaron outro conato de incendio en Sanxenxo, na parroquia de Dorrón, que se atallou de inmediato. 

Así mesmo, un raio é a causa máis probable dun incendio rexistrado no Monte Pedroso, en Santiago. Fontes de Medio Rural indicaron que este lume, xa extinguido, afectou a 0,06 hectáreas de monte arboledo. 

Extinguido o incendio de Ons tras arrasar máis de tres hectáreas
Comentarios