Ratificada a nova coordinadora de Marea Atlántica, con Xulio Ferreiro entre os seus membros

O exalcalde herculino será o encargado de 'confluencia e cohesión'
A nova Coordinadora de Marea Atlántica formouse este xoves. TWITTER
photo_camera A nova Coordinadora de Marea Atlántica formouse este xoves. TWITTER

A Rede, órgano de toma de decisións de Marea Atlántica, ratificou este xoves, día 30, a nova Coordinadora da formación e que inclúe entre os seus membros ao exalcalde Xulio Ferreiro como encargado de 'confluencia e cohesión'. 

Dá luz verde así á candidatura de consenso, conformada por oito mulleres e cinco homes, presentada aos simpatizantes co obxectivo de renovar a Coordinadora de Marea Atlántica, o órgano que se ocupa da xestión diaria da organización. 

ademais dos portavoces de Marea Atlántica no Concello, María García, e a Deputación, Alberto Lema, como postos natos, e de Xulio Ferreiro, a Coordinadora conta con Claudia Delso, Iago Martínez, Beatriz González de Canales, Luís Hernández, Stephanie Ordóñez, Sabela Rivas, Lola Ponte, Antía Paz, Daniel Cao, Gema Rivera, Diego Jiménez e Inés Cebreiro. 

Diego Jiménez e Inés Cebreiro foron elixidos para compartir a portavocía paritaria da Coordinadora. No caso de Xulio Ferreiro asumirá o labor de 'confluencia e cohesión' do espazo. Lola Ponte terá asignadas funcións de 'xustiza social' e Daniel Cao e Beatriz González de Canales serán a encargados da área de 'comunicación interna'. 

Antía Paz será a responsable de 'comunicación externa e argumentario', mentres que Sabela Rivas e Inés Cebreiro asumirán 'feminismo'; Stephanie Ordóñez,'ecoloxismo'; Diego Jiménez 'movementos sociais e sociedade civil'; Gema Rivera, 'territorio'; Luís Hernádez, 'mediación e transparencia'; Claudia Delso, 'dinamización e formación' e Iago Martínez, 'relación coas institucións'. 

Comentarios