sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

O reitor electo da USC estuda denunciar ao profesor que vexou á vítima de La Manada

Luciano Méndez Naya. EP
Luciano Méndez Naya. EP

Antonio López considera que as declaracións de Luciano Méndez poderían ser constitutivas dun "delito de odio, de incitación ao odio"

O reitor electo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, expuxo este venres a posibilidade de pór en coñecemento das autoridades xudiciais o vídeo dun profesor desta institución difundido en redes sociais no que profire comentarios machistas e dá "un trato vexatorio" á vítima de La Manada.

En declaracións a Efe, Antonio López, asegura que falou co reitor en funcións, Juan Viaño, a quen substituirá nas próximas semanas, e quen lle comentou que se están analizando "todas as posibilidades, xa que hai que ser contundentes" porque as declaracións de Luciano Méndez Naya "non teñen ningunha xustificación".

Deste xeito explicou que unhas das vías que se está valorando é a responsabilidade disciplinaria no ámbito universitario que, na súa opinión, "ten moitas limitacións".

E despois, continuou, hai que analizar se as declaracións teñen "repercusión penal", co que se pode pór en coñecemento das autoridades xudiciais.

En calquera caso, sinala, "se cadra non fai falta, porque as declaracións son públicas e notorias" e estas instancias poderían actuar de oficio, xa que, na súa opinión, remarcou, poderían ser constitutivas dun "delito de odio, de incitación ao odio, polo trato vejatorio á vítima".

Sostivo que o equipo reitoral en funcións está a analizar que acciones adoptar e mostra a súa confianza en que estean xa "encamiñadas" cando el tome posesión nos próximos días, aínda que incide en que o proceso levará o seu tempo.

No caso dun expediente disciplinario porque "hai que facelo con todas as garantías" e no caso xudicial, de darse, porque a súa tramitación e resolución xa non dependería da universidade.

Antonio López defendeu, ademais, que a institución académica se solidariza coa vítima, "que se poña á súa disposición, porque ela tamén pode exercer accións" xudiciais se o considera oportuno polos comentarios vertidos polo profesor.

O profesor Luciano Méndez Naya publicou un vídeo no seu muro de Facebook pasado 7 de maio no que afirma que a vítima de La Manada, á que se refire como "a tipa", sabía ao que ía, que "gozou" e que a Audiencia Provincial de Navarra debería condenalo por denunciar "bobadas" de feminismo "radical".

Logo de tres xornadas de críticas, este xoves, antes de coñecer que a USC estudaba tomar accións tomar contra el, publicou un novo vídeo no que se mostra "disposto a defender" as súas posturas "ante quen faga falta" e acusa á "manada social" de crucificar "a un tipo que disinte da opinión maioritaria".

Este profesor, docente de Económicas, xa foi expedientado en 2016 por comentarios machistas a unha alumna sobre o seu escote.

O reitor electo da USC estuda denunciar ao profesor que vexou á...
Comentarios