Renfe reforza con dous trens a conexión do Corredor Atlántico as fins de semana

Coincide co inicio do curso académico
Tren en una estación. SEBAS SENANDE
photo_camera Tren en una estación. SEBAS SENANDE

Renfe incorpora desde este domingo dous trens máis no Corredor Atlántico, un entre Vigo-Urzáiz e A Coruña e outro en sentido inverso, que circularán os venres e os domingos con parada en Pontevedra, unha medida que coincide co inicio do curso académico. 

Ademais, os venres e domingos, Renfe duplicará as prazas de 11 trens (sete os venres e catro os domingos), de modo que a compañía ferroviaria ofrecerá preto de 3.000 prazas adicionais as fins de semana no corredor A Coruña-Santiago-Vigo. 

Entre os novos, o tren con saída de Vigo-Urzáiz farao ás 18.15 horas e chegará á estación da Coruña ás 19.35 horas. En sentido inverso, o tren con saída da estación da Coruña farao as 18,00 horas e chegará a Vigo-Urzáiz ás 19,20. 

Nestes momentos, Renfe pon en circulación os días laborables doce trens de Media Distancia e Rexionais entre A Coruña e as estacións viguesas e outros tantos en sentido contrario. A estes trens súmanse outros dez servizos Avant diarios (cinco por sentido) entre A Coruña, Santiago e Ourense.

Comentarios