Un repartido Gordo cae en máis de 20 municipios de toda Galicia

O número agraciado foi o 3.347

Trabajadoras de la administración de lotería A Sorte, de Teo, en plena celebración. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Trabajadoras de la administración de lotería A Sorte, de Teo, en plena celebración. PEPE FERRÍN (AGN)

O 3.347, o Gordo do Sorteo de Nadal 2018, dotado con 4.000.000 euros á serie, caeu moi repartido por toda España. En Galicia tocou en máis de 20 municipios das catro provincias: Santiago, Teo, Pontevea, Fene, A Coruña, O Pino, Outes, Cedeira e Baio, O Valadouro, Vilalba, Lugo, Monforte, Pontevedra, Vigo, O Porriño, Bueu, A Estrada, Sanxenxo, Redondela , Poio e Ourense.

Dáse a circunstancia de que a administración de Loterías El Alcázar, na localidade de Vilalba, situada na Rúa da Pravia, volveu vender un décimo do Gordo, despois de repartir o pasado ano 522 millóns de euros do primeiro Premio do Sorteo Extraordinario de Nadal.

A sorte tamén regresou á administración de Loterías situada na rúa Calvo Sotelo de Monforte de Lemos, dado que o pasado ano vendeu un décimo do segundo premio da Lotería do Neno.

Tamén se venderon décimos do Gordo na administración do Valadouro, situada na Rúa da Veiga, e na cafetería Madeira, en Lugo.