Rescatan a seis adolescentes na praia de Valdoviño

Os menores, xunto a outros tres que quedaran en terra, foron trasladados en bo estado ao porto de Cedeira

Olas en Valdoviño. AEP
Unha zona da costa de Valdoviño. AEP

Seis adolescentes foron rescatados este venres sans e salvos o envorcar a embarcación na que navegaban nas proximidades dunha praia do litoral de Valdoviño, na Coruña.

Salvamento Marítimo informa na súa conta de Twitter que os mozos, de entre 14 e 15 anos, foron rescatados xunto a outros tres que quedaran en terra.

Os nove foron trasladados en bo estado ao porto de Cedeira (A Coruña) desde a praia de Vilarrube, onde envorcou a embarcación na que navegaban.

Con motivo deste suceso foi mobilizado o helicóptero Pesca II e a embarcación de salvamento Langosteira.