Rescatan a un home que se atopaba flotando no río Coroño

Tamén foron atendidos dous socorristas na praia de Combouzas
Rescate dun home no río Coroño. RTVG
photo_camera Rescate dun home no río Coroño. RTVG

Un home que se atopaba flotando no río Coroño, en Boiro, foi rescatado esta tarde por unha embarcación do Servizo Municipal de Protección Civil, na que foi trasladado ata o peirao de Escarabote.

Unha vez no peirao, o home foi atendido polos efectivos das 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizaron un helicóptero medicalizado no que foi evacuado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Os feitos sucederon ao redor das 14:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar dun home que flotaba no río Coroño e que non respondía os seus avisos.

O home foi evacuado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago

A partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia informou da situación da persoa aos Bombeiros de Boiro, a Protección Civil da localidade, á Policía Local, ás 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil. Ademais, desde o 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Por outra banda, dous socorristas foron rescatados ilesos na praia de Combouzas, en Arteixo, a causa da forte ondada que lles impedía regresar a terra.

Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, o persoal do Servizo Municipal de Protección Civil desprazouse nunha embarcación ata o lugar onde se atopaban os dous socorristas e achegounos ao Porto Exterior.

Ocorreu ao fío das 13:45 horas, mentres as dúas persoas realizaban prácticas no mar.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero de rescate aínda que, finalmente, descartouse a súa intervención.

Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil de Arteixo e alertaron, por precaución, ás 061-Urxencias Sanitarias.