sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Retiran un golfiño sen vida da praia viguesa dos Olmos

Un veciño alertou á Policía o pasado luns ao atoparse ao animal sen vida varado na area

Axentes da Patrulla de Medio Ambiente Rural (Umir) da Policía Local de Vigo retiraron a un golfiño morto da praia dos Olmos de Vigo.

Un cidadán alertou á Policía o pasado luns ao atoparse varado na area ao animal sen vida. Os axentes comprobaron que se trataba dunha exemplar femia de golfiño común, de aproximadamente 1,80 metros de lonxitude. 

Solicitouse a presenza de especialistas do Cemma (Coordinadora Para o Estudo dos Mamíferos Mariños), que compareceron no lugar e tomaron mostras para determinar a posible causa de lamuerte do cetáceo.

Logo da toma de mostras, na mañá deste martes procedeuse a retirar ao animal sen vida do areal.

Retiran un golfiño sen vida da praia viguesa dos Olmos