domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Rexistrados outros catro pequenos tremores en Porto do Son, Padrenda e A Estrada

Mapa terremotos. IGN
Mapa cos terremotos. IGN

Os maiores foron de 1.9 graos na escala mbLg

A terra volveu tremer este mércores en Galicia. Primeiro en San Roque de Crespos, no concello ourensán de Padrenda, e despois en Porto do Son, na costa da provincia da Coruña, e no municipio pontevedrés da Estrada.

En Padrenda houbo dous sismos de 1.8 e 1.9 graos na escala mbLg, ás 00.37 e 08.12 horas deste 19 de setembro. No caso de Porto de Son rexistrouse o terceiro tremor (1.8) do día ás 11.58 horas, segundo recolle o Instituto Geográfico Nacional (IGN). E o cuarto foi de 1.9 sobre as 17.38 con epicentro na Estrada (Pontevedra).

Nin houbo danos nin sequera foron sentidos pola poboación.


Rexistrados outros catro pequenos tremores en Porto do Son,...
Comentarios