Rosalía loce dous aneis da firma galega Carla López

A artista catalá leva dous deseños da firma na portada do seu último disco

Rosalía. MIGUEL TOÑA
photo_camera La cantante Rosalía. MIGUEL TOÑA

A firma de deseño Carla López, da pontesa que lle dá nome e a ferrolá Emilia Arzúa, ten unha nova adepta. Trátase da artista de moda, Rosalía.

Segundo informou o estudio galego nas súas redes sociais, a intérprete de Malamente luciu dous aneis da firma na portada do seu último disco, El mal querer.

Pero non é a primeira vez que a cantante catalá escolle un dos deseños da firma galega. Rosalía demostrou que é unha absoluta fan da marca e tamén luciu aneis de Carla López nalgunha das súas actuacións, ademais de na portada do single de Malamente

Comentarios