Sacan da praia de Orzán unha moza que se saltou o cordón policial de madrugada

O incidente rexistrouse nunha zona próxima á que hai dúas semanas perdeu a vida unha ourensá de 22 anos

Dispositivo activado en Orzán tras recibir o aviso. PROTECCIÓN CIVIL CORUÑA
photo_camera Dispositivo activado en Orzán tras recibir o aviso. PROTECCIÓN CIVIL CORUÑA

Axentes da Policía Nacional tiveron que intervir na madrugada deste mércores para sacar da auga unha moza que se meteu no mar na zona de Orzan, onde fai tan só dúas semanas perdeu a vida unha ourensá de 22 anos.

A moza, de 20 anos, saltou o cordón policial colocado na praia que prohibía o acceso por un novo temporal. As súas amigas intentaron convencela de que non se achegase ao mar e, tras non conseguilo, decidiron chamar ao 091. Finalmente, os axentes tiveron que intervir para sacar a moza da praia.

Este incidente causou gran indignación entre os membros de Protección Civil da Coruña, que mostraron o seu enfado en redes sociais.