jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Sae adiante a reforma que reduce as áreas sanitarias entre fortes protestas

O PP aprobou en solitario o texto que as reduce de once a sete entre críticas da oposición e de colectivos que acudiron ao Hórreo

O Parlamento aprobou, cos votos favorables do PPdeG, a reforma da Lei de Saúde de Galicia, que reduce de once a sete as áreas sanitarias, ante fortes críticas da oposición e de diferentes colectivos sanitarios e sindicais que se concentraron ante o Pazo do Hórreo durante o debate. 

A reforma sanitaria, que integra as da Mariña e Monforte na de Lugo e a do Salnés en Pontevedra, ademais de deixar só unha en Ourense, saíu adiante co apoio do grupo maioritario, que recibiu fortes críticas do resto do arco parlamentario. A oposición acusounos de gobernar contra a cidadanía ao decretar por lei, segundo eles, a supresión de áreas sanitarias e o desmantelamento dos hospitais comarcais.

A deputada de En Marea Eva Solla recordou que se pediu "por activa e por pasiva" que se retirase o proxecto que prexudicará tanto a pacientes como a profesionais aos que se obrigará a unha "mobilidade forzosa" que non permitirá que exista unha "continuidade" na relación médico-paciente.

"Cal é o documento científico ou político no que vostedes se amparan para recortar áreas sanitarias? Por que sete e non catorce?"

"Cal é o documento científico ou político no que vostedes se amparan para recortar áreas sanitarias? Por que sete e non catorce?", cuestionou a responsable de Sanidade do grupo En Marea que censurou "que sexan as empresas" quen marcan a estratexia da Xunta.

O parlamentario do PSdeG Xulio Torrado considerou que no seo do PP "gústalles esta lei pero avergóñalles dicir por que" ao ser conscientes de que esta reforma "prexudica a igualdade de oportunidades", eliminado a equidade no acceso ao sistema sanitario en función do lugar de residencia.

Darío Campos e Gonzalo Caballero, entre os representantes que asistiron ao debate. AMA

Así mesmo, a nacionalista Montse Prado sostivo que a aprobación que recibiu a lei "non vai ser nin moito menos o punto e final" do proceso "porque aí fóra hai un pobo que vai defender a sanidade" que con esta reforma "vai empeorar".

O PP defende que a reforma intenta "mellorar a calidade de vida das persoas"

Con todo, o portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou que esta, como "calquera medida" que presenta a Xunta "intenta mellorar a calidade de vida das persoas" aínda que, ás veces, "non sexan entendidos pola cidadanía".

Ao seu xuízo, esta lei blinda a existencia dos catorce hospitais coa creación de distritos sanitarios, citados un por un no texto, e que toman como referencia a institución hospitalaria existente no seu ámbito territorial pero intentando adaptar a normativa á estrutura actual.

Sae adiante a reforma que reduce as áreas sanitarias entre fortes...
Comentarios