Sanidade agrupará os pediatras en centros de saúde de referencia ante a falta de substitutos para o verán

As interrupcións do embarazo ata as 22 semanas poderanse realizar en todos os hospitais do Sergas desde "o segundo semestre de 2018" 

Un grupo de pais esixe un pediatra. EP
photo_camera Un grupo de pais esixe un pediatra. EP

A Consellería de Sanidade anunciou que agrupará pediatras nos centros de saúde das capitais das comarcas ante a falta de substitutos para poder cubrir as vacacións en todas as localidades. Esta reorganización tamén afectará as cidades, nas que está previstos tamén que se desvíen pacientes dun a outro centro. 

A programación farase naqueles casos nos que se detecten "problemas temporais" por "falta de substitutos" durante o período de vacacións dos profesionais, dada "imposibilidade" de cubrir estas ausencias pola situación de "paro cero" nesta especialidade. No caso de que haxa dificultades de desprazamento (xa que pode haber localidades que queden sen pediatra no verán), os pacientes serán atendidos por médicos de familia. 

Así o explicou este xoves o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, durante a Comisión de Sanidade da Cámara galega, na que explicou que, para levar a cabo esta "reorganización" durante o verán, a Xunta identificará os "centros de saúde" que si "contan con atención". 

Para esta reorganización temporal, a Consellería de Sanidade terá en conta aos pediatras que atendan a menos de 700 nenos, así como a aqueles que prestan servizo de forma itinerante. 

INTERRUPCIÓNS VOLUNTARIAS DO EMBARAZO. Por outra banda, tamén na comisión, o director xeral de Asistencia Sanitaria destacou que "a partir do segundo semestre" de 2018 será posible realizar "interrupcións voluntarias do embarazo ( IVEs) ata as 22 semanas" en todos os hospitais do Sergas.

Actualmente pódese realizar en seis destes sete centros. Así mesmo, sobre as de máis de 22 semanas de xestación, lembrou que, despois de ser avaliadas polo comité clínico designado para ese efecto, "concéntranse no Hospital Álvaro Cunqueiro" de Vigo desde mediados de 2017, que "presenta as características necesarias para levar a cabo esta función con todas as garantías". Ademais, no caso das IVEs de menos de 14 semanas, apuntou que a Xunta "ofrece a posibilidade de escoller un hospital público galego ou, se o prefiren, acudir a unha das críticas acreditadas polo Sergas en Galicia".

"Nos circuítos asistenciais de aplicación en todos os centros hospitalarios da nosa comunidade están contemplados todos os aspectos necesarios para garantir unha atención de calidade ás pacientes que se atopan nesta situación por parte da legalidade vixente", sinalou. O director xeral deu estes datos en resposta a unha pregunta formulada pola deputada de En Marea Eva Solla, que instou á Xunta a garantir unha atención adecuada nestes casos e esixiu datos sobre o cumprimento do Plan Integral de Atención á Muller, entre outras cuestións.

SITUACIÓN LABORAL EN ATENCIÓN PRIMARIA. Por último, na sesión parlamentaria, a deputada do BNG Montse Prado pediu á Consellería de Sanidade que "garanta a eficacia e rapidez" da comisión técnica creada o 27 de abril con representantes do persoal sanitario dos puntos de atención continuada ( PACs) para tratar as súas reivindicacións en materia de recursos económicos e laborais. Respecto diso, a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado Vaamonde, destacou que a Xunta "coñece cales son as peticións dos profesionais" dos PACs e que por iso "constituíu" a citada comisión.

Comentarios