lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Sanidade inicia este luns a campaña de vacinación da gripe

Unha muller recibe a vacina da gripe. ARQUIVO
Unha muller recibe a vacina da gripe. ARQUIVO
En total, adquiríronse 615.000 doses de vacinas, 7.000 máis que en 2018 

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciará este luns, 14 de outubro, a campaña de vacinación antigripal da tempada actual con 615.000 dose. 

A campaña de vacinación da gripe 2019 prolongarase ata o 27 de decembro. Unha semana antes, o pasado día 7, xa puideron empezar a recibir a dose o persoal sanitario

En total, Sanidade adquiriu 615.000 dose de vacinas antigripais, 7.000 máis que en 2018 e destinou un orzamento duns 3,4 millóns, o que supón 1,2 máis que o ano pasado

A Consellería de Sanidade espera aumentar a cobertura coa campaña antigripal xa que, recorda, "a gripe afecta cada ano a un número elevado de persoas" e trátase dunha enfermidade que "pode chegar a ser moi ou grave ou fatal". 

Do total de doses adquiridas, 20.000 corresponden á tetravalente de cultivo en ovo

Por iso, Sanidade promove, como desde 1991, unha nova campaña de vacinación na que se ofertan 615.000 dose para "minimizar" o efecto do virus na saúde dos galegos, en especial dos grupos de risco. 

En concreto, a Consellería aspira a alcanzar unha cobertura na poboación de 60 a 64 anos igual ou superior ao 35%; nos maiores de 65 anos igual ou maior do 65% e do 50% ou máis nos traballadores sanitarios do Sergas e igual ou superior ao 55% (15 puntos máis que na pasada campaña) nas mulleres embarazadas. 

Entre as novidades, Galicia será a primeira autonomía en administrar nesta campaña unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos con factores de risco. 

Do total de doses adquiridas, 20.000 corresponden á tetravalente de cultivo en ovo, 165.000 á tetravalente de cultivo celular e 430.000 de trivalente adyuvada, o que supón 180.000 máis que o ano pasado.

POBLACIÓN DIANA. Outra das novidades radica na ampliación da poboación diana coa inclusión como grupo de risco aos nenos de entre seis meses de idade que naceron prematuros, con menos de 32 semanas de xestación, e a incorporación explícita das persoas con trastornos de coagulación. 

A vacinación ofértase de forma gratuíta ás persoas de 60 anos ou máis

En especial, Sanidade fixo fincapé na importancia de que se vacine o persoal do Sergas, así como os traballadores sanitarios de hospitais privados de Galicia, que se inclúen na poboación diana deste ano. 

A vacinación ofértase de forma gratuíta ás persoas de 60 anos ou máis, residente en institucións pechadas de calquera idade, mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados con ácido acetilsalicílico (AAS), nenos de seis meses a dous anos de idade que naceron prematuros e aquelas persoas entre seis meses e 59 anos con factores de risco que os predispongan a padecer complicacións derivadas da gripe.

LOGÍSTICA. Sanidade dispuxo máis de 900 puntos de vacinación e chama a acudir de forma graduada durante a campaña, que se prolongará ata o 27 de decembro. 

Ademais, explicou que a partir da cuarta semana de campaña, desenvolverase o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa ou SMS. 

Estableceranse axendas de citación especial para vacinación e realizarase a vacinación aos enfermos crónicos 

Deste xeito, profesionais de enfermería chamarán á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacina a esa altura da campaña ou tamén se avisará por SMS ás persoas maiores de 65 anos que o Sergas teña o seu teléfono rexistrado. 

Así mesmo, estableceranse axendas de citación especial para vacinación e realizarase a vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio. 

Sanidade inicia este luns a campaña de vacinación da gripe
Comentarios