O Sergas descarta que a exsubdirectora investigada pola hepatite C volva ao seu anterior posto

Antonio Fernández-Campa asegura que Carolina González-Criado será substituída e que se incorporará a unha praza na súa área sanitaria

Os altos cargos de Sanidade da Xunta, Félix Rubial e Carolina González-Criado, acompañados polos seus avogados, á chegada aos xulgados de Compostela. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Os altos cargos de Sanidade da Xunta, Félix Rubial e Carolina González-Criado, acompañados polos seus avogados, á chegada aos xulgados de Compostela. XOÁN REY (EFE)

O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, garantiu que a anterior subdirectora xeral de Farmacia, Carolina González-Criado, investigada por homicidio imprudente na causa da hepatite C, non volverá a este posto tras cesar no seu cargo, de maneira que se vai a substituír "por outra persoa" para desempeñar esas funcións. 

Na comisión de Sanidade, Julio Torrado (PSdeG) afirmou que o nomeamento de González-Criado por parte do Ministerio de Sanidade para un cargo tras o seu cesamento como subdirectora xeral "freouse" porque o Goberno "non quixo verse enfangando". Por iso, preguntou "se ten previsto" o Sergas retornar a esta persoa ao seu posto. 

En resposta, Fernández-Campa descartou que González-Criado volva ao seu anterior cargo de subdirectora xeral de Farmacia, á vez que recordou que esta persoa é funcionaria polo que "ten que prestar o seu servizo na administración autonómica", de forma que foi incorporada nunha praza na súa área sanitaria. Así mesmo, o responsable do Sergas di "non ter constancia do suposto nomeamento" de González-Criado para un posto do Ministerio e mantivo que o único que existe é unha solicitude para que colaborase "na realización dun traballo" relativo a unha serie de recomendacións feitas polo Tribunal de Contas, dados os seus coñecementos técnicos pola "súa longa e dilatada" traxectoria.

Torrado considera sorprendente que Vázquez Almuiña crea que un proceso xudicial demostra que a actuación de González-Criado foi perfecta

CRÍTICA Á INTERVENCIÓN DO CONSELLEIRO. Pola súa banda, Torrado referiuse á intervención do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no último pleno do Parlamento na que eloxiou a traxectoria desta profesional. Por este motivo, ironizou con que "se é unha profesional magnífica e tivo unha actuación perfecta como dixo o conselleiro" por que non se recupera para o seu posto. 

Así, o socialista considera "sorprendente" que o conselleiro de Sanidade crea que un proceso xudicial "demostra" que a actuación de González-Criado "foi perfecta", polo que Torrado censura que son "afirmacións que igual era mellor pensar dúas veces". 

Así mesmo, Julio Torrado valora que o xerente do Sergas "non fai unha valoración tan abismalmente triunfalista" como o conselleiro e sostén que "está ben que" esta ex alto cargo "non siga exercendo a función que exercía antes". 

Comentarios