Sogama pon en marcha a nova planta de recuperación de materiais

A entrada en produción das novas instalacións permitirá incrementar a capacidade do complexo de Cerceda nun 81% 

A nova planta de Sogama. EP
photo_camera A nova planta de Sogama. EP

A entrada en produción da nova planta de Sogama para recuperación de materiais contidos en bolsa negra, o lixo convencional, permitirá o incremento nun 81% da capacidade do complexo de Cerceda, alcanzando 1 millón de toneladas anuais. 

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) informou que a instalación, construída e operada pola empresa ourensá Valtalia, constitúe "unha paradigma no ámbito da innovación tecnolóxica ambiental" e foi concibida "e pensada en liña coa industria 4.0". 

Permitirá recuperar, dunha "forma totalmente automatizada, ata 11 tipoloxías de materiais", posibilitando que Sogama remita "catro veces máis material á industria recicladora e que reduza a vertedura a mínimos", alcanzando en breve o límite de 10% de residuos enviados ao vertedoiro, estipulado pola UE para o ano 2035. 

Un total de 8 equipos abre-bolsas, 19 equipos de triaje e 35 separadores ópticos son algúns dos elementos que integran a instalación, que permitirá recuperar un total de 11 tipoloxías de materiais dunha forma totalmente automatizada (PET, PEAD, filme, polipropileno, poliestireno, plástico mixto, papel/cartón, aceiro, aluminio e vidro). 

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, destacou que se reorientou "o modelo para contribuír a dar cumprimento aos novos obxectivos europeos e reforzouse a xestión jerarquizada de residuos, primando a redución, a reutilización e a reciclaxe, que se complementa coa valorización enerxética da parte non reciclable para que a vertedura quede relegado a mínimos". 

A Sociedade pública xestiona na actualidade os residuos urbanos producidos por 295 concellos e abrca a máis de 2.240.000 habitantes. 

Comentarios