A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu a benvida á formación nacionalista ao escritor Suso de Toro, quen anunciou o xoves que solicitara o a súa afiliación.
"Benvido Suso ao BNG. Para min é un orgullo compartir proxecto común contigo. Temos as portas abertas para todas as persoas que levan a Galicia na cabeza e no corazón", sinala Pontón a través do seu perfil da rede social Twitter.
Benvido Suso ao BNG. Para min é un orgullo compartir proxecto común contigo. Temos as portas abertas para todas as persoas que levan a Galiza na cabeza e no corazón. Cada día máis evidente a necesidade do @obloque para que o noso país avance. Grazas polo teu compromiso! https://t.co/KX74bDycG6
— Ana Pontón (@anaponton) 18 de xaneiro de 2019
Precisamente, foi a través de Twitter onde Suso de Toro deu a coñecer que pedira afiliarse ás filas do Bloque. "Solicitei afiliación ao BNG. Levo décadas analizando a vida social e política galega e española e xa sei o que dá de si. Finalmente vexo como tratan a Galicia os partidos estatais nos orzamentos cando non temos representación propia. Estamos [email protected]", manifestou.
Respecto diso, Ana Pontón asegurou que "cada día é máis evidente a necesidade do B
"O PSdeG non ten visión de país e o que necesita Galicia agora é un partido nacionalista forte", explicaba Suso de Toro hai xusto cinco anos. O escritor, que fora un dos intelectuais de cabeceira dos Gobernos de Zapatero, chegou a escribir en 2011 que o BNG estaba "imposibilitado para construír e liderar un consenso colectivo".
Con todo, como explicaba naquela entrevista, a ruptura daquel Bloque na asemblea de Amio fora "un drama para o país", o que, unido á caída de Zapatero e á chegada ao poder do PP, o levara a unha profunda reflexión.