martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Suspéndense as actividades escolares no exterior

Viento y lluvia en Santiago. LAVANDEIRA JR
Vento e choiva. LAVANDEIRA JR

Con todo, decidiron que se manteña a actividade lectiva

A Comisión Escolar de Alertas tomou a decisión de suspender este martes, a partir das 12.00 horas, as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica da Mariña ademais do suroeste, oeste e noroeste da Coruña e o litoral de Pontevedra.

A Comisión tomou esta decisión debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100 quilómetros hora que comezará este martes e prolongarase ata as 00.00 horas deste mércores.

Con todo, decidiron que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia.

Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

Suspéndense as actividades escolares no exterior
Comentarios