
Las provincias de Lugo y Ourense queda este lunes en riesgo amarillo por nieve
Galicia despedirá a última xornada deste inverno con máis aire frío, que deixará ceos parcialmente nubrados, con chuvascos máis frecuentes pola mañá e un descenso da cota de neve ata os 500 metros pola noite, segundo a predición de Meteogalicia.
Esta situación provoca que estea activada a alerta amarela na montaña de Lugo e Ourense por acumulacións de neve que poden superar os 5 centímetros en 24 horas e que pola noite se estenderá ao centro da provincia de Lugo, por acumulacións que poden superar os 2 centímetros.
As mínimas rexistraron un notable descenso este luns, xornada na que as temperaturas caeron ata os -6 graos centígrados no municipio da Veiga.
Así, segundo datos de Meteogalicia, rexistráronse temperaturas mínimas significativas tamén en Carballeda de Valdeorras, -5,9º C; no municipio ourensán de Manzaneda, con -5,3º C; e nos lucenses de Cervantes, con -4,8º C e Pedrafita do Cebreiro, con -4,5º.