sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

O temporal deixa preto de 200 incidencias en Galicia, coa caída dun centenar de árbores

Árbol caído sobre un vial de Soutomaior. CEDIDA
Árbol caído sobre un vial de Soutomaior. CEDIDA

Con todo, ningún dos incidentes dos que tivo constancia o 112 Galicia reviste gravidade

O temporal con fortes ventos e choiva que afecta este martes a Galicia deixou case 200 incidencias, entre as que se atopa a caída dun centenar de árbores e ramas. 

Segundo informa o 112 Galicia, ademais das caídas de árbores, os traballos dos equipos de emerxencias para atallar situacións de risco, como desprendemento de elementos, sumaron 38 actuacións. 

Por provincias, a da Coruña foi na que máis incidentes se rexistraron (85), seguida de Pontevedra (62), Lugo (31) e Ourense (14). 

Con todo, ningún dos incidentes dos que tivo constancia o 112 Galicia reviste gravidade, máis aló das dificultades creadas por diversos obstáculos caídos polo vento, así como a aparición de bolsas de auga. 

Por concellos, na provincia da Coruña, os municipios de Santiago, Oza-Cesuras, Cambre e Outes son os que contabilizan máis intervencións. Mentres, en Pontevedra, sobresaíron por número A Estrada, Cañiza, Valga e Catoira. En Lugo, foron A Pontenova, Pantón e Friol; á vez que en Ourense destaca Castrelo de Miño.

CHOIVA E VENTO. Ademais, ao longo da xornada deste martes rexistráronse intensas choivas en varias zonas da Comunidade. Así, en Rois (A Coruña), acumuláronse 36,8 litros por metro cadrado; en Fornelos de Montes acadáronse os 36,6, e, en Santiago, rexistráronse 30,4. 

Pola súa banda, o vento excedeu os 100 quilómetros por hora en varios puntos da Comunidade. A máxima tivo lugar en Penedo do Galo, no municipio lucense de Viveiro, con 136,4 quilómetros por hora. 

Esta xornada de aviso laranxa por ventos e amarelo por choivas provocou diferentes complicacións, como o desvío a Asturias dun avión que facía a ruta entre Palma de Mallorca e Santiago. Ademais, cortouse ao paso dos viandantes diferentes espazos públicos para evitar riscos, como a Alameda compostelá. 

O temporal deixa preto de 200 incidencias en Galicia, coa caída dun...
Comentarios