Os termómetros dispáranse ata os 30 graos

En Arnoia chegaron aos 30,3 e en varios puntos de Lugo achegáronse. Nas Rías Baixas non pasaron dos 25

Varias persoas gozan do sol xunto ao río Miño en Ourense. EFE
Varias persoas gozan do sol xunto ao río Miño en Ourense. EFE

Galicia pasou, en pouco tempo, de choivas incesantes a unha onda de calor que este mércores 17 de abril deixou temperaturas propias do verán. A máxima marcouna Arnoia, en Ourense, con 30,3 graos centígrados.

Pero moi preto situáronse varias localidades da provincia de Lugo. Concretamente en Míllara (Pantón) e San Clodio (Ribas de Sil) movéronse en 29 grados e no interior da Mariña, tanto en Mondoñedo como en Lourenzá
pasaron dos 28.

No caso concreto da cidade de Lugo houbo entre 27,5 e 28 graos, unha temperatura máis elevada que noutras cidades da fachada atlántica, como é o caso de Pontevedra, onde, ao igual que no resto das Rías Baixas, non pasaron dos 25.

Este xoves continuará o bo tempo e volverán repetirse imaxes de xente tomando o sol cando non hai moito tempo andaban debixo dos paraugas. Iso si, seguirá habendo más calor na Galicia interior que a carón do mar.

Comentarios