Os termómetros volven a valores propios do outono a partir deste martes

O frío e a neve rexistrados a pasada fin de semana non se producían no mes de outubro desde 2008 ► As precipitacións caerán durante toda a semana na comunidade

Neve na montaña lucense a pasada fin de semana. XESÚS PONTE
photo_camera Neve na montaña lucense a pasada fin de semana. XESÚS PONTE

A situación "tipicamente invernal" que se produciu esta fin de semana irá remitindo a partir deste martes cunha progresiva subida de temperaturas. Con todo, a choiva seguirá caendo na comunidade durante toda a semana, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

A portavoz adxunta da Aemet Delia Gutiérrez explicou que a situación de inverno vivida esta fin de semana foi "temperá" en comparación cos últimos anos, que se caracterizaron por outonos máis cálidos e veráns que se alargan. De feito, destacou que facía dez anos que non se producía un episodio destas características en España durante o mes de outubro. 

Respecto das temperaturas, Gutiérrez estima que a medida que transcorra a semana as temperaturas irán subindo, igual que a cota de neve, de modo que o mércores as nevadas reduciranse a zonas moi altas, e paulatinamente cara a fin de semana recuperaranse os valores case normais ou normais. "No seu conxunto, esta semana será fría para a época", comentou. 

Deste xeito, desde o martes as temperaturas irán subindo progresivamente ata valores máis propios do outono. 

temp martesNesta situación, a cota de neve subirá desde os 1000 ata os 1500 metros. Os ceos estarán cubertos e haberá chuvascos xeralizados en toda Galicia. O litoral da Coruña e Pontevedra quedarán en alerta amarela por fenómenos costeiros. 

martes

O mércores a situación de inestabilidade continúa. Espéranse choivas de tipo intermitente e máximas en ascenso en toda a comunidade. Así, as mínimas situaranse entre os 7 e 10 graos e as máximas rozarán os 15 graos en moitos puntos. A cota de neve situarase ao redor dos 1200-1500 metros. 

mércores

O xoves, Día de Todos os Santos e festivo en toda España, os paraugas seguirán sendo necesarios nas catro provincias, aínda que as choivas tenderán a remitir pola tarde. As temperaturas permanecerán sen cambios, cun lixeiro ascenso das máximas. Espéranse xeadas en zonas de montaña. 

xoves

O venres, a situación manterase: nubes e precipitacións, que serán máis intensas no litoral atlántico. As temperaturas ascenderán lixeiramente. 

O sábado, unha nova fronte entrará por Galicia deixando máis estabilidade e precipitacións.

Comentarios