El tiempo
lunes. 27.03.2023
El tiempo

Todos os grupos políticos da Deputación da Coruña instarán o Estado a recuperar Meirás

Foto de archivo do Pazo de Meirás. AEP
Pazo de Meirás. AEP

Farano a través dunha moción consensuada e que levarán a pleno o día 23 

Todos os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña —PSdeG-PSOE, PP, BNG-Asembleas Abertas, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños— acordaron unha moción na que instan o Estado a recuperar o Pazo de Meirás. O texto irá ao pleno do día 23, segundo informou a vicepresidenta provincial, a nacionalista Goretti Sanmartín, nunha rolda de prensa que contou coa presenza de representantes de todos os grupos políticos. 

Sobre o seu contido, o presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, explicou que insta o Estado a exercitar "as accións administrativas e xudiciais oportunas" para a recuperación ao patrimonio público do Pazo de Meirás. "E, para tal efecto, comprometer a colaboración da Deputación da Coruña", sinala o texto. Nel, acórdase trasladar á Xunta de Galicia, ao Parlamento galego, ao Goberno central e ás Cortes do Estado, ademais dos grupos parlamentarios e outras institucións, o informe histórico-xurídico elaborado pola Deputación. 

Ademais, como terceiro e último punto, exponse "socializar desde a Deputación da Coruña tanto o contido do informe —que avala a existencia de vías para recuperar o inmoble— como a demanda de devolver o Pazo ao dominio público".

"EXEMPLO DE CONCIENCIA". Formoso cualificou de "gran paso" que todos os grupos apoien esta moción, un acordo que cualificou como "un exemplo de conciencia xeneralizado". 

Todos os grupos políticos da Deputación da Coruña instarán o Estado...
Comentarios