As tormentas deixan saraiba, chuvias e máis de 1.600 raios

En Lalín a saraiba danou centos de coches

As comarcas do centro e A Montaña de Lugo estiveron este xoves en alerta laranxa por tormenta. Ata as 20.00 horas caeron na comunidade máis de 1.600 raios, a maioría na provincia lucense, segundo as medicións de MeteoGalicia.

No sur de Lugo e A Mariña, así como no noroeste e o interior de A Coruña, estivo activado o nivel amarelo. As tormentas están acompañadas de choivas, saraiba e refachos de vento forte. En Monterroso, como se pode observar no tuit que acompaña esta información, caeron pedras de xeo de considerable tamaño. E en Monforte as choivas foron tan copiosas que un aliviadoiro do colector do parque saturouse e empezou a expulsar augas fecais.

E en Lalín, unha tremenda saraibada danou centos de coches, como se pode observar no seguinte vídeo. 

VENRES, EN ALERTA 
O mal tempo continuará durante a madrugada e estenderase ao longo da xornada do venres. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alertou de que un total de 14 provincias estarán en risco por tormentas fortes este venres, entre elas A Coruña e Lugo. 

En concreto, afectarán á Coruña, Lugo, Asturias, onde poden ir acompañadas de chuvascos e refachos de vento fortes e saraiba, e a Cantabria.