Os traballadores de Alcoa levan a súa loita ao Parlamento galego

“Non se pode tirar a Mariña simplemente porque a unha multinacional non lle dea a gana de sentarse", afirma José Antonio Zan
Trabajadores de Alcoa, ante el Parlamento gallego. CEDIDAS
Trabajadores de Alcoa, ante el Parlamento gallego. CEDIDAS

Os traballadores de Alcoa da planta de San Cibrao, en Cervo, concentráronse este venres ante o Parlamento de Galicia, con motivo da sesión constitutiva da Cámara, para recordar aos deputados “que o primeiro que teñen que facer aquí dentro é arranxar o problema da Mariña, como se comprometeron a facer todos en campaña”.

“Non se pode tirar a Mariña simplemente porque a unha multinacional non lle dea a gana de sentar; só lle faltaría que este país permitise a unha multinacional americana pisar a todo o Goberno central”, apuntou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, en declaracións aos xornalistas.

O representante dos traballadores puxo en dúbida a vontade negociadora de Alcoa, tendo en conta que “un non se pode sentar a negociar counha pistola encima da mesa” nin pode “exporlle á empresa interesada, Liberty House, que ten que pagar unha sanción tan gorda como que paren as cubas cando insiste en que non as quere paradas”.

“A Xunta debe esixir á empresa que sente a negociar sen condicións. O que non se pode permitir é que se paren as cubas, o corazón da fábrica, é algo que nunca imos asinar”, proseguiu.

“É unha auténtica vergoña e unha falta de respecto que a empresa non sente nin coa ministra de Industria, Reyes Maroto, nin co conselleiro de Economía, Francisco Conde”


Zan tamén cargou contra a negativa de Alcoa a sentar a negociar este xoves alegando que os traballadores lle lanzaron ovos aos representantes da compañía. “Están a falar de botar a 1.000 persoas á rúa e devolver a unha comarca enteira aos anos 70 e por un ovo din que se van”, aseverou.

“É unha auténtica vergoña e unha falta de respecto que a empresa non sente nin coa ministra de Industria, Reyes Maroto, nin co conselleiro de Economía, Francisco Conde”, engadiu.

Así mesmo, o presidente do comité de empresa recordou que a fábrica “xa era do Estado antes de que chegasen eles”, cando a Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI) dixo que era “un negocio ruinoso”.

“Se ten que volver á Sepi que volva, aínda que sexa por só un minuto para venderlla a outro”, expuxo o líder sindical.

Comentarios