Trasladada unha persoa ao hospital tras producirse un incendio na súa casa en Ponteareas

O lume calcinou un sofá e o fume afectou o salón da vivenda na súa totalidade

Unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro tras declararse un incendio nunha vivenda en Ponteareas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou un sofá e o fume afectou o salón da casa na súa totalidade.

Os feitos tiveron lugar en cálea Doctor Fernández de la Vega, á altura do número 8. O 112 Galicia tivo constancia do incendio ás 19.10 horas deste venres, a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, o persoal do CIAE puxo a situación en coñecemento do Grupo de Urxencias Supramunicipal e os Bombeiros de Ponteareas, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, desde o CIAE informouse os feitos aos Bombeiros de Vigo.