sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

UXT pide a CUT, STAJ e CIG que se retracten das acusacións de "traidores"

Votación de los funcionarios de Xustiza en Ferrol. KIKO DELGADO
Votación de los funcionarios de Xustiza en Ferrol. KIKO DELGADO

O sindicato UXT pediu este luns aos sindicatos CUT, STAJ e CIG, "tras unha repousada análise dos lamentables feitos ocorridos" nas votacións do venres sobre o preacordo para acabar coa folga de xustiza, que se retracten "das acusacións de traidores e vendidos vertidas contra UXT" e as demais organizacións (CSIF, USO e CCOO).

Nun comunicado emitido última hora da tarde, o sindicato de UXT pide a estes sindicatos, que rexeitaban o preacordo sometido a votación o venres e cuxa postura foi ratificada polos traballadores nas urnas, que tamén se retracten "das presións que exerceron cara aos delegados e delegadas" dos outros catro sindicatos, así como aos traballadores que pretendían votar.

UXT asegura que "defende a negociación" e manifesta que "as diferenzas" entre os catro sindicatos que accederon a someter o preacordo a votación e os outros tres que estaban en contra "e que xustificaron o boicot son materia de comisión de seguimento dun acordo" no caso de que se firme. "A significación da votación hai que lela nese clima que é público do que hai probas contundentes", indica UXT no seu comunicado, no que lembra os termos da proposta da Xunta que levou a votación.

"En relación a esta proposta, en toda a presión que se exerceu contra a votación, en ningún momento e en ningún ámbito se proxectou publicamente unha descualificación dos elementos económicos e laborais sometidos a consulta, e as cuestións que hoxe se fan públicas relativas á cláusula e os plans de recuperación do traballo, son materia de Comisión de seguimento, polo que pedimos que se identifique claramente que parte da mesma non lles valía a este tres sindicatos (STAJ, CIC e CUT)", sinala o sindicato UXT.

Ademais, este sindicato alude ao chamamento a retomar a unidade sindical feito este luns polas centrais que rexeitaban o preacordo. "A unidade require xenerosidade -asegura UXT- e o maior exercicio de xenerosidade débeo realizar aquel que se considera vencedor. A xenerosidade non se lle pode pedir desde a arrogancia, prepotencia e a unilateralidade e atropelo de dereitos básicos de respecto e convivencia".

Incide, ademais, en que nas mensaxes que se trasladaron aos traballadores de xustiza UXT non observa "ningunha formulación que reflicta unha vontade real de respecto de todas as organizacións sindicais". Tamén lembra que "ata agora" as reunións coa Administración realizáronse co Comité de Folga, aínda que, destaca UXT "existen outros ámbitos de negociación: Mesa sectorial, sindicatos representativos e capacidade plena de obrar".

UXT pide a CUT, STAJ e CIG que se retracten das acusacións de...
Comentarios