El tiempo
viernes. 27.01.2023
El tiempo

Unha vaca morre en Nogueira de Ramuín tras recibir un disparo dun rifle

A vaca falecida en Nogueira de Ramuín a consecuencia do disparo dun rifle. TVG
A vaca falecida en Nogueira de Ramuín a consecuencia do disparo dun rifle. TVG

O propietario da explotación mostrouse preocupado pola presenza de cazadores furtivos na zona

Unha vaca dunha explotación de Nogueira de Ramuín morreu como consecuencia dun disparo efectuado, presuntamente, por cazadores furtivos que andaban pola zona. 

Segundo informa a TVG, o animal recibiu o disparo mentres durmía no lugar no que o seu propietario garda o gando para pasar a noite. O dono da vaca –que estaba preñada– cre que o disparo non foi intencionado e que se trata dun tiro fortuíto dun cazador dos que adoita andar pola zona. 

Con todo, esperaba algún tipo de explicación por parte do causante da morte da res. "O mínimo que podía facer esa persoa e vir a onde un e dicir 'Mira, escapóuseme'. Non pasaba nada", apuntou en declaracións a TVG. 

O propietario da explotación tamén se mostrou preocupado pola presenza de cazadores furtivos na zona. "Eu media hora antes [do disparo] estivera coas vacas, que as vou ver todas as noites. ¿E se me chegan a dar a min? O que non poden é disparar sen saber a onde tiran", explicou. 

Unha vaca morre en Nogueira de Ramuín tras recibir un disparo dun...